Kiko Fernández colócase lider despois da contundente victoria na proba de Lestrove-Padrón.
01-08-2001.
L.M.I.
Lestrove-Padrón,
acolleu o pasado día 21 de xullo de 2001 a 5ª proba da "Copa
TX de Enduro 2001". Nas dúas categorías, a victoria
foi para os pilotos padroneses Kiko Fernández (TM) en Senior e
Ramón Teodoro (TM) en Junior.
O
Sábado 21 de xullo de 2001 celebrouse en A Braña (Lestrove-Padrón),
a 5ª proba puntuable para a Copa TX de Enduro 2001.
Unha carreira diferente ás organzadas ata o momento na "Copa TX de Enduro 2001". A pesar de que constaba de catro cronos como as anteriores non existia rallye (precorrido polo monte) entre as diferentes pasadas pola crono o que fixo que esta carreira se situara nunha filosofía máis proxima á do tramo cronometrado que á do enduro.
Nembargantes a proba desenrolouse con normalidade e os pilotos puideron disfrutar dunha carreira emocionante.
En Senior.
A diferencia de puntos entre os primeiros pilotos nesta categoría é moi pequena e zecais se manteña a dúbida ata a última proba da "Copa TX de Enduro 2001" con respecto a que vai ser o gañador final.
De todas formas, Kiko Fernández (TM) obtendo unha apabullante victoria (mellor tempo en tódalas cronos e Scrach) deu aquí en Lestrove un paso decisivo e firme cara a consecución da victoria final na Copa e permítelle separarse un pouco máis de Antonio Bouzas (TM) (segunda posición nesta carreira) que polo momento ainda segue sendo un firme candidato á victoria final á falta de duas probas para que remate a "Copa TX de Enduro 2001".
Na terceira posición rematou un retornado Xosé A. Magariños (TM) que volveu a demostrar a súa capacidade para facer cronos regulares e non cometer erros.
Cabe facer mención neste punto ao estreno por parte de Alexandro Magariños do primeiro modelo da TM 250 4 Tempos que chega a Galicia.
Alexandro tamén e xunto con Roberto Cierto un dos candidatos á victoria final na Copa á falta de apenas dúas probas.
En Junior.
En
Junior Ramón Teodoro (TM) volveu a asoballar e non deu opción
aos seus compañeiros. O que lle permite acercarse moito xa á
victoria final na "Copa TX de Enduro 2001". Ramón que
últimamente está a desenrolar un método de entrenamento
(xunto con outros membros do Equipo TX-MOTOR Competición) continuo
combinando ximnasio con técnica e moto e que en grande parte e
un dos pilares dos seus fantásticos resultados.
Na segunda posición volveuse a colocar de novo Anxel Barreiro (KTM) e que o colocan deste xeito tamén moi perto do subcampionato final na "Copa TX de Enduro 2001".
A terceira posición en Junior foi para o tamén local Ajos Santiaguiño (TM).